Equipo

Todo o equipo de cociña , con Yayo Daporta ao mando, e con Esther a fronte da sala e da adega, traballamos para facerlles disfrutar dunha experiencia gastronómica agradable, o padal e ó esprito.

team-yayo

Yayo Daporta (chef)

A Yayo Daporta a sua afección culinaria venlle dende moi novo, xa que na sua familia teñen una longa tradición no cultivo do marisco na ria de arousa e é unha das mais importantes nese sector. Logo de estudar na escola de hostalería de Santiago de Compostela, tivo a oportunidade de traballar en “Casa Solla” onde se espertou nel a curiosidade pola cociña de vangarda e chegoulle a verdadeira vocación. Logo de alí pasou por outros grandes restaurantes como “Alejandro” (Almeria) e “El amparo” (Madrid) onde aprendeu a tratar os productos cunha coidada perfección técnica.

team-esther

Esther Daporta (Sumiller)

Sumiller e xefa de sala no Restaurante Yayo Daporta dende 2005. Estudou no instituto galego do viño. A sua curiosidade levouna a percorrer as mellores bodegas de España, e parte de Europa, probando e descubrindo novos caldos para poder ofrecer os seus clientes una coidada selección na adega de Yayo. Foi xurado en diversos premios vitivinícolas.